Skip to main content
Lugo

Unha carreira solidaria dividida en sete circuítos

Por 5 Xuño, 2021Sin comentarios

A XI Carreira Solidaria do colexio C.P.R. Cervantes cambia este ano o seu nome polo de Memorial Profe Alberto. Dende a organización estiveron pendentes para ver como avanzaba a situación sanitaria e cal eran as medidas que se poñían. Así pois, a edición non se pode realizar pero hai novidades respecto a este ano.

En primeiro lugar, todo o diñeiro recadado destinarase á asociación Somos unidos polo cancro, onde dirixen o traballo e os beneficios á axuda de pacientes con cancro e ao seu entorno familiar.

Así pois, a pesar de que non se vai poder facer unha carreira como noutros anos, dende a organización informan que se poderá competir en 7 circuítos diferentes de Lugo, medindo con Strava todos os tempos nas zonas máis emblemáticas dos atletas lucenses.

O evento realizarase entre o 14 e o 28 de xuño e os circuítos son: o paseo do Rato, o paseo do Miño, o paseo fluvial, o adarve da Muralla, o parque Rosalía, Friga e o circuíto ecolóxico.

Ademais, para esta edición propuxéronse dous retos: 1000 kilómetros e 500 actividades entre todos os participantes. Para máis información pódese visitar o facebook Carrera solidaria colegio de Cervantes Lugo.