Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Xa está aberto o prazo de inscrición do campus do Lumieira

Por 5 Xuño, 2021Sin comentarios

Chega a Lugo o campamento urbano polideportivo Lumieira. As fechas nas que se desenvolverá serán do 5 ao 30 de xullo e realizarase de luns a venres. O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos (nados entre o 2006 e o 2016) e as actividades que se van a levar a cabo aínda están en proceso de confirmación.

O prazo de inscrición abriu o día 1 de xuño e para anotarse é preciso facelo dende a páxina web do propio campamento. Os prezos varían dependendo do número de semanas nas que se inscriba e se se vai o día completo ou só medio día.

Para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar no número 650198987 ou no correo lumieiralugo@gmail.com.