Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

A Residencia organiza un campus de tecnificación

Por 7 Xuño, 2021Sin comentarios

A SDC Residencia organiza no vindeiro mes de xuño un campus de tecnificación de fútbol no campo municipal da Cheda. O campus está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos (nados entre o 2007 e o 2016).

As actividades que se levarán a cabo serán actividades específicas de porteiros, exercicios de tecnificación, actividades recreativas e tempo libre. Haberá a posibilidade de realizar o campus en dous turnos diferentes: por unha beira, nos días 23, 24 e 25 de xuño e, pola outra, nos días 28, 29 e 30. O horario xeral será de 9:00 a 14:00 horas e o especial será de 8:30 a 14:30 horas.

O campus conta con seguro de responsabilidade civil, grupos reducidos, equipación, merenda de media mañá e protocolo covid. Así mesmo, a realización do evento está condicionada a un mínimo de 30 inscricións e o programa de actividades será comunicado unha vez se cerre, en función das medidas sanitarias correspondentes.

Para máis información e para as inscricións pódese contactar no correo sdresidencia@gmail.com ou no teléfono 669 533 666.