Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Lugo Sala continúa coa planificación da vindeira tempada

Por 9 Xuño, 2021Sin comentarios

Dende a dirección deportiva do club Lugo Sala séguese planificando a próxima tempada 2021-2022 e por iso xa se atopa aberto o prazo de altas para novas inscricións no club unha vez finalizado o período prioritario para renovacións para os actuais xogadores e xogadoras da entidade.

Durante todo o verán e ata o arranque da nova tempada entre os meses de agosto e setembro, dependendo da categoría, seguiranse recibindo novas altas no club ata completar os diferentes equipos cos que contará tanto Lugo Salga como Lugo Futsal na nova campaña.

Todos aqueles nenos/as interesados en formar parte da Escola de Lugo Sala e que queiran realizar a súa inscrición, poden contactar co club a través do teléfono 616 037 489 ou enviando un correo electrónico a escuela@lugosala.com ou administracion@lugosala.com, onde se lles informará de todos os detalles de cara ao próximo curso deportivo, así como de realizar a inscrición.

As categorías coas que o club contará con equipos, tanto masculinos como femininos, serán: biberón, prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

Xornadas de portas abertas

Durante este mes de xuño o club seguirá realizando estas xornadas para que os nenos e nenas poidan desfrutar do fútbol sala, así coma coñecer a metodoloxía de traballo da entidade.