Skip to main content
Lugo

O Círculo das Artes de Lugo organiza un campamento de verán

Por 9 Xuño, 2021Sin comentarios

O Círculo das Artes organiza un campamento de verán que comezará o vindeiro luns 28 de xuño. Os horarios son de 10:00 a 14:00 horas, con opción a madrugadores dende as 9:00 horas. O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos e as prazas son limitadas.

As fechas nas que se realizará serán do 28 de xuño ao 30 de xullo e do 30 de agosto ao 10 de setembro. O prezo é de 45 euros por semana.

As actividades que se van a levar a cabo son obradoiros de expresión plástica, cociña e ciencia, búsquedas do tesouro, orientación, multideporte Gyncanas, xogos populares e manualidades, entre outras.

Para máis información pódese contactar coa sede da sociedade, en circulodelasartes@yahoo.es ou no 982 225 051.