Skip to main content
Lugo

Este sábado conmemórase o 150 aniversario do viaduto da Chanca

Por 11 Xuño, 2021Sin comentarios

Este sábado realízase unha marcha no barrio da Chanca para conmemorar o 150 aniversario do viaduto. A actividade está organizada pola Federación de Asociacións de Veciños para render homenaxe e recoñecer publicamente a transcendencia que tivo para a cidade a creación desta dotación. 

O punto de encontro e saída da andaina, que comezará ás 11:30 horas, será no cruzamento da estrada da Fonsagrada co Paseo do Rato.  

Lara Méndez animou as e aos lucenses a acudir e a desfrutar dun momento de ocio saudable “aderezado pola fermosura da paisaxe da contorna e pola riqueza histórica e arquitectónica da construción ferroviaria que xa é todo un símbolo identitario de Lugo”. 

O Concello de Lugo xa acadou que a Fundación Once imprima a imaxe desta dotación nun dos seus cupóns diarios. Unha solicitude que non só foi ben recibida pola institución senón tamén aceptada, fixando para o próximo 07/12/2021 a data da súa difusión. 

“A chegada do tren favoreceu unha transformación para o municipio tanto a nivel urbanístico como social e económico. Xa que non só supuxo un gran avance no transporte de viaxeiros senón tamén no de mercadorías”, incidiu a alcaldesa que indicou tamén que “coas celebracións, que parten dunha proposta veciñal, o Concello de Lugo quere atender tamén a demanda cidadá existente para reivindicar e enxalzar unha parte tan valiosa coma esta do noso patrimonio local”.