Skip to main content
Lugo

Entrevista: “Dende o primeiro ano xa nos organizamos 300 persoas”

Por 21 Xuño, 2021Xuño 22nd, 2021Sin comentarios

A Asociación Salesiani Luci Augusti xurdiu a través da nai dun alumno e, agora, componse de 300 persoas aproximadamente. Despois dun ano no que non participaron no Arde Lvcvs, voltaron este fin de semana con máis forza ca nunca.

Cando se creou a asociación?

A asociación inscrita no Concello de Lugo surxiu no 2014 pero organizámonos dende o ano 2006 coma grupo. Dende ese ano xa nos organizamos 300 persoas que forman parte da comunidade educativa do colexio Salesianos, entre os que se encontran alumnos, pais, profesores, persoal non docente e tamén, exalumnos e familias.

Por que surxiu a idea?

A idea xurdiu a través da nai dun alumno que quería facer algo no colexio polas festas cando estas comezaron a ter máis prestixio. Dende o colexio comezamos a movernos e organizamos a xente e diferentes actividades que se inciaron dende o primeiro ano. Nós facemos o mesmo ou case o mesmo que facíamos cando eramos grupo, de feito, o único distinto é que agora contamos cun campamento que montamos na entrada do parque Rosalía, xunta a estatua da propia Rosalía de Castro.

A asociación foi creada para o Arde Lvcvs pero, participa en máis festividades?

Non adoitamos saír a fóra xa que a nosa asociación non é igual ca outras. Nós somos parte dun colexio e é máis complicado organizar e participar en outras cidades. Participamos no Friulio dous anos e noutros eventos coma no Lucus Cultural realizando actividades e obradoiros e no Corpus Christi desfilando.

Que actividades realizaron este ano?

O sábado tivemos a demostración de como facer as coroas romanas, as patricias e os patricios. Xa pola tarde, tivemos a demostración da cota da malla e, ás oito da tarde, fixemos unha loita de gladiadoras. Neste último caso, comezouse cun grupo de gladiadores mixto, sen embargo, moitos fóronse pasando a soldados porque lles gustaba máis desfilar e, ao final, quedaron só mulleres. Comezamos a investigar e vimos datos que confirmaba que existiran mulleres gladiadoras polo que, actualmente, o grupo está dedicado a mulleres exclusivamente. En canto ao día de onte, como somos un colexio, ímolo adicar aos nenos e nenas a través da lectura de fábulas de Fedro, un fabulista romano.

En relación a outros anos, existen moitas diferencias en canto ás actividades que se realizan?

O ano pasado houbo algún desfile pero a nosa asociación negouse pola situación. Outra cita que non puidemos levar a cabo foi a asamblea anual da asociación porque non podíamos xuntar a tanta xente nun mesmo espazo. Así mesmo, tampouco se realizou unha exposición no colexio que levamos a cabo dende o primeiro ano que nos formamos como grupo. Ao principio era sobre complementos, a nosa vestimenta, como podíamos pintar os traxes, etc. Ao largo dos anos iba derivando nun tema diferente; un ano traballamos sobre a muralla, outro sobre balneario… e os nenos e nenas colaboran nesta actividade. O ano pasado non se puido facer a exposición e aínda está pendente. Sen embargo, durante o inverno sí que se fixo algunha actividade do Lucus Cultural, acompañados de historiadores e ecoloxistas, entre outras actividades nas que se respectaron as medidas de seguridade. E o que sí que se ve é que a xente xa ten gañas da festa.

Considera que hai unha boa implicación de parte dos alumnos e familias?

Hai unha implicación total e, de feito, se non a houbera non poderíamos contar con 200 ou 300 participantes. Logramos facer moitas cousas e, se salen ben como están a saír ata agora, estamos máis que satisfeitos.