Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O CD Lugo prepara a próxima tempada coa categoría salvada

Por 10 Xuño, 2021Sin comentarios

O CD Lugo respira aliviado despois de conseguir o obxectivo nunha tempada para esquecer. Desta forma, continúa na segunda división do fútbol español despois de gañar 0-1 en Vallecas ao Rayo Vallecano. Un punto foi o que o separou dun Sabadell que tamén fixo os deberes contra o Mirandés, vencendo por 2 goles a 0. Os dez puntos conseguidos nas últimas catro xornadas foron imprescindibles para salvar ao conxunto galego de volver a caer á liga de bronce tras nove tempadas en segunda.

Actualmente, unha vez consolidada a praza en segunda, o equipo xa comeza a facer movementos. O primeiro levouno a cabo na tarde de onte de forma sorpresiva coa incorporación de Mauro Pérez como novo director deportivo e como máximo responsable da estrutura deportiva do clube. Así pois, o canario firmará por dúas tempadas coa idea de dar estabilidade ao equipo e facer unha boa estrutura directiva.

Desta forma, o CD Lugo xa comeza a traballar de cara á próxima tempada na que ten que volver a configurar unha plantilla con xogadores que volven de cesión, xogadores que rematan contrato e xogadores que xa non contan para o clube; o que suma un total de doce efectivos.