Skip to main content
Monterroso

Últimos días para inscribirse nos campamentos de verán de Monterroso

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

Monterroso anima aos nenos e nenas do concello a inscribirse nestes últimos días aos campamentos de verán que se levarán a cabo nos meses de xullo e agosto. O horario será de 9 a 14 horas e está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Os campamentos teñen coma obxectivo que os nenos e nenas pasen mañás divertidas e amenas nas que se prime a ensinanza a través de xogos lúdicos e educativos.

Para máis información ou para inscribirse é preciso ir ao espazo cultural Lorenzo Varela de luns a venres no horario de 10 a 13 ou de 16 a 20 horas ou contactar a través do enderezo electrónico espazo.lorenzo.varela@gmail.com. O prazo remata o vindeiro venres 25 de xuño.

Así mesmo, dende o concello lembran que a ocioteca estará aberta para os nenos e nenas de 3 a 6 anos en horario de 9 a 14 horas. Ademais, dende o remate do colexio ata o día 1 de xullo estará aberta para nenos e nenas en idade educativa.