Skip to main content
Monterroso

O PSOE de Monterroso reclama a celebración de plenos presenciais

Por 25 Xuño, 2021Sin comentarios

Os socialistas de Monterroso avanzaron que rexistraron unha moción, que será debatida no vindeiro pleno, para reclamar que se volvan a celebrar os plenos presenciais, na Casa do Concello. “Entendemos que xa pasamos o peor da pandemia e debemos de voltar á normalidade institucional da vida municipal en Monterroso. Por iso por segunda vez vamos a demandar ao Goberno Local a celebración dos plenos de xeito presencial”, explican.

Rafael García remarca ademais que “creemos que debemos de dar pasos neste sentido, e camiñar cara a nova normalidade recuperando as sesións dos órganos colexiados, iso si, tomando tódalas precaucións necesarias que se consideren oportunas para garantir a seguridade de todos”, insistiu.

Rogos

Nesta mesma sesión plenaria a Agrupación Socialista de Monterroso tamén demanda ao Concello, a través dun rogo, que se restableza a circulación de peóns polas beirarrúas da Avenida de Lugo, á altura do número 68 e 82. Noutra proposta tamén reclaman que o Concello proceda o arranxo do corte na banda de rodadura na praza Alcalde Antonio Rojo á altura da rúa Blanca Martínez. “Como xa solicitamos no pleno do mes abril, e como comprobamos o Concello non fixo absolutamente nada. O desleixo do Concello neste asunto está ocasionando moitas molestias aos veciños”, advirten.