Skip to main content
Navia de Suarna

O PP de Navia denuncia o problema da traída de auga

Por 18 Xuño, 2021Sin comentarios

Dende o Partido Popular denuncian o problema da traída de auga de Navia de Suarna despois das treboadas dos últimos días. “Esta situación provoca que os veciños leven horas sen ducharse e que os hostaleiros tamén teñan problemas polas deficiencias do servizo” defenden dende o PP. 

Así pois, engaden que se trata dunha situación que non é nova, pero o Concello nada fixo para evitar esta situación. E iso, lembran os populares que “o Concello investiu 100.000 euros na construción dun novo sistema de captación que, como xa indicamos no seu momento, non serviron para atallar as deficiencias no subministro; cuestión que está a causar numerosas queixas entre os veciños e que nos deixa peor do que estabamos”, afirman.

Esta situación é a que leva aos populares naviegos a pedir, unha vez máis, ao alcalde que busque unha solución, xa que “o que fixo non serviu absolutamente para nada, a pesares de ser unha cantidade o suficientemente importante como para atallar o problema”.

Por este motivo, dende o Grupo Municipal Popular esixen ao goberno local “que se deixe de escusas, admita que os 100.000 euros foron cartos tirados e que amañe o problema dunha vez por todas”.

Navia, “abandonada”

Os populares afean así ao rexedor socialista “que mire para outro lado e que teña o concello totalmente abandonado. Proba delo é que a estas alturas as rúas estean sen limpar e as estradas sen desbrozar”.

 “A imaxe de Navia é totamente negativa. Servizos básicos como é o da auga está como está e as rúas sucias. Non se pode permitir tal irresponsabilidade. Os veciños non o merecen”, conclúen.