Skip to main content
Navia de Suarna

Aprázase a xornada de silvopastoreo e desenvolvemento rural en Navia

Por 20 Xuño, 2021Sin comentarios

Medio Rural apraza a celebración das xornadas de silvopastoreo e desenvolvemento rural O que non arde previstas na Casa Quindós de Vilela, en Navia de Suarna, do 25 ao 27 de xuño.

A entidade provincial adoptou esta decisión, consensuada coa Asociación Ser e a Sociedade Galega de Forraxes, de forma preventiva, tras detectarse un caso positivo por covid19 entre os membros da organización e á espera de que se comuniquen os resultados das probas realizadas aos contactos directos.

Tanto o aprazamento como a nova data comunicarase de forma individual a todas as persoas que xa realizaran a súa preinscrición.