Skip to main content
As Nogais

As Nogais aposta pola conciliación do rural con dúas casas do maior

Por 3 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello das Nogais é o único concello da provincia de Lugo que conta con dúas casas do maior, Airelas I e Airelas II, con esas características que consegue ofrecer alternativas de conciliación aos seus veciños. Sumando o número de prazas autorizadas, ambas as dúas instalacións ofrecen este servizo a un total de dez familias do municipio.

Desde o ano 2019 o Goberno galego achegou un total de 85.300 euros para garantir o funcionamento de cada unha destas casas do maior. As axudas serviron para financiar os gastos de acondicionamento dos locais, os de mantemento e o servizo de transporte gratuíto para os usuarios, unha das novidades incorporadas na convocatoria de 2020.

Este programa, pioneiro en España, prevé ampliar este ano con 63 novos centros repartidos por toda a comunidade autónoma que se sumarán aos 20 xa existentes. 

Dende o goberno galego subliñouse a importancia deste tipo de programas, que achegan as actividades de tempo libre, ocio seguro ou o desenvolvemento de hábitos que para as persoas maiores son fundamentais. Tamén puxo en valor o labor e o esforzo levado a cabo polos responsables destes centros que, malia as dificultades neste ano, seguen apostando por axudar a quen máis os necesitan co fin de facilitar a vida dos usuarios e traballar polo seu benestar.