Skip to main content
Palas de Rei

O colexio de Palas de Rei abre o prazo de formalización da matrícula

Por 21 Xuño, 2021Sin comentarios

O CEIP Palas de Rei abre o prazo de formalización definitiva de matrícula para o novo alumnado no vindeiro curso 2021/2022. Desta maneira, aqueles interesados teñen ata o 30 de xuño para realizar a formalización da matrícula e o horario é de 13.10 a 13.55 os luns e os xoves e de 9.45 a 10.35 os martes, os mércores e os venres na secretaría do colexio.

Dende o colexio informan que os impresos atópanse dispoñibles no centro e na páxina web. Así mesmo, para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar no teléfono 982 870 628 ou no enderezo electrónico ceip.palas.rei@edu.xunta.gal.