Skip to main content
ES-Chantada

Abren as piscinas de Chantada este xoves

Por 30 Xuño, 2021Xullo 3rd, 2021Sin comentarios

Este xoves 1 de xullo abren as piscinas exteriores de Chantada. Os horarios serán diferentes nos meses de xullo e agosto; así pois, no primeiro caso, as piscinas estarán abertas dende as 11.30 ás 14.00 horas pola mañá e de 15.00 a 21.00 horas pola tarde. No caso do mes de agosto os horarios de pola mañá serán os mesmos e no caso de pola tarde será de 15.00 a 20.30 horas.

O acceso ás piscinas é gratuíto e dende o Concello animan aos veciños, veciñas e visitantes a pasar xornadas refrescantes e lúdicas. Así mesmo, recordan que se levará a cabo o protocolo covid para bañistas e traballadoras/es.

Para calquera dúbida ou para máis información pódese contactar no teléfono 982 441 432 ou no enderezo electrónico piscina@concellodechantada.org.