Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O uso de máscara en exteriores deixará de ser obrigatorio o 26

Por 18 Xuño, 2021Sin comentarios

O uso da máscara deixará de ser obrigatorio en espazos ao aire libre en España a partir do próximo sábado 26 de xuño. Así o anunciou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Así, poderase prescindir do cubrebocas na rúa e espazos abertos a condición de que se poida gardar unha distancia mínima de metro e medio. Sánchez explicou que convocará un Consello de Ministros extraordinario o xoves para aprobar a medida. Para deixar de ser obrigatoria débese retocar a lei vixente, o que se prevé que se faga mediante un decreto lei.

Varias comunidades estiveron presionando para que se adopte a medida con celeridade, sobre todo tras o aumento das temperaturas este mes e dada a redución da epidemia das últimas semanas e o aumento da poboación vacinada. A incidencia a 14 días xa baixou hai uns días de 100 casos por 100.000 habitantes de media en España. Onte estaba en 96, con só Andalucía, Navarra, País Vasco e a Rioxa, por encima de 100. En canto a vacinados, levan a pauta completa xa o 28,7% da poboación, 13,6 millóns de persoas.

O anuncio do fin da máscara obrigatoria en espazos exteriores chega apenas uns días despois que o director do Centro de Coordinación de Alerta e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, xa o insinuase. Foi a principios de semana aínda que entón non se atreveu a dar unha data concreta. Francia xa levantou a obrigatoriedade do uso onte. En países como Alemaña ou Estados Unidos, nunca foi obrigatorio o uso ao aire libre.

Simón insistiu en que a retirada da máscara e da distancia de seguridade serán progresivas. O primeiro paso, que se producirá o 26 de xuño, será quitar a obrigatoriedade en espazos exteriores a condición de que haxa distancia para posteriormente ir ampliando os espazos libres de máscara.

CONSULTA OS DATOS DE CONTAXIOS DE HOXE