Skip to main content
Bóveda

O PSOE de Bóveda denuncia que o alcalde se beneficie de axudas do Concello

Por 26 Xuño, 2021Xuño 27th, 2021Sin comentarios

A Voceira Socialista de Bóveda, Carmen Macía aludiu ao cúmulo de casualidades que ven de “detectar no tocante ás subvencións do Concello para a construción de novas vivendas na vila, impulsadas polo propio Concello, das cales o alcalde é o primeiro beneficiario”.

“Segundo puidemos coñecer, a través da acta da Xunta de Goberno Local celebrada este pasado día 24 xuño e presidida polo alcalde, José Manuel Arias, comprobamos que o rexedor vaise beneficiar dunha axuda económica, impulsada polo Concello para a contracción da súa nova vivenda por un importe de 3.500 euros”, advirten. Tal e como consta na acta, o rexedor ausentouse no debate deste punto informativo.

“O pasado mes de marzo o alcalde anunciou a bombo e platillo que o Concello de Bóveda, ía subvencionar o 100% do imposto de construción para a rehabilitación interior e exterior, reconstrución ou construción de obra nova en vivendas unifamiliares. Resulta bastante casuístico, que tres meses despois deste anuncio o propio alcalde presente un proxecto para a realización dunha nova construción na vila”.

Segundo se desprende do propio anuncio realizado nos medios de comunicación en palabras do alcalde, esta medida está enfocada “en investir e fixar poboación e na mellora de calidade dos veciños. Pois ben, a mellora da calidade de vida dos veciños, neste caso é a do alcalde do PP, Jose Manuel Arias que dun proxecto orzamentado en 140.000 euros, vai aforrar 3.500 euros das arcas municipais”, insisten.

Carmen Macía emprazou ao rexedor a impulsar iniciativas e proxectos que repercutan na veciñanza, “e non no peto do alcalde”. “Estamos dacordo en que o noso Concello precisa medidas e propostas para fixar poboación, como calquera Concello da provincia, pero non deste xeito”, resumiu.