Skip to main content
Chantada

Chantada proxecta o filme A Illa das mentiras o vindeiro venres

Por 10 Xuño, 2021Sin comentarios

Este venres día 11 de xuño, o Auditorio Municipal de Chantada proxectará outro dos filmes finalistas dos Mestre Mateo 2021. Neste caso, será o turno da Illa das mentiras, un filme dirixido por Paula Cons que basa a súa historia nos feitos ocorridos en 1921 no naufraxio do Santa Isabel. O barco contaba con 260 emigrantes que ían camiño Bos Aires e que afunde frente a Illa de Sálvora, na provincia da Coruña.

A entrada será libre ata completar a capacidade autorizada no auditorio de 100 persoas. Haberá rexistro de datos persoais (nome, apelidos, DNI e teléfono) á entrada da sala, polo que se prega, dende a organización, que as persoas que asistan traten de facelo con antelación. Así pois, o auditorio abrirá as súas portas a partir das 19:30 horas.