Skip to main content
Monforte

Monforte inicia unha mellora da accesibilidade en parques e edificios

Por 13 Xuño, 2021Xuño 15th, 2021Sin comentarios

O vindeiro luns 14 de xuño darán comezo as obras englobadas no Proxecto de Mellora da Accesibilidade nos edificios e parques municipais de Monforte.

Cabe recordar que a finais do pasado mes de maio, este proxecto foi adxudicado á empresa monfortina M. Casares, S.L., que ofertou un prezo de 241.250,38 euros. O prazo de execución das obras é de 6 meses, polo que é previsible que queden rematadas no presente ano 2021.

O proxecto recolle as melloras da accesibilidade dos principais edificios públicos de titularidade municipal de Monforte así como de diversos parques municipais da cidade do Cabe, concretando a definición das obras necesarias para corrixir as deficiencias destes edificios e parques, no que accesibilidade se refire.

José Tomé recordou que “o noso obxectivo é mellorar a accesibilidade universal nos equipamentos que son de titularidade municipal, para contribuír a unha maior calidade de vida de todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que visitan a cidade. Para elo, abordamos a supresión das barreiras e obstáculos que dificultan ou impiden o uso de edificios públicos e parque municipais, e especificamos as solucións e as obras que será necesario acometer en cada caso, segundo o proxecto”.

Deste xeito, o proxecto de mellora da Accesibilidade nos edificios e parques municipais do Concello de Monforte parte dunha visión xeral da realidade e a situación actual da cidade, para dende aí, recoñecer a situación e importancia urbana de cada un dos edificios públicos e parques municipais que estruturan o núcleo urbano, e que veñen recollidos neste proxecto.