Skip to main content
Monforte

O VII Conde de Lemos contará cun selo conmemorativo

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, y o presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, deron a coñecer un proxecto no que ambas entidades levan traballando dende fai tempo, e que, grazas ó cal, un monfortino, o VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, será protagonista dun selo histórico emitido por Correos de España.

Na presentación, estiveron acompañados polo director de estratexia de Correos, Avelino Castro, así como pola 1ª tenente de alcalde do Concello, Gloria Prada, e o concelleiro de obras, medio rural e servizos, José Luís Losada.

Na súa intervención, o alcalde fixo fincapé en que este é “un proxecto do que levo tempo falando co presidente de Correos, e é agora cando finalmente se vai a materializar, grazas á inestimable colaboración de Juan Manuel Serrano que nos acompaña. Si todo vai segundo o previsto, o selo dedicado ao VII Conde de Lemos será unha realidade a finais deste ano, aproximadamente no mes de outubro”.

O presidente de Correos sinalou que a emisión “ademais de poñer de relieve a figura do VII Conde de Lemos, convertirase no mellor aliado á hora de divulgar e promocionar o rico patrimonio de Monforte de Lemos”.

A presentación deste proxecto tivo lugar dentro do programa de actos da visita institucional que o presidente de Correos realizou a Monforte, sendo recibido oficialmente polo alcalde e asinando no Libro de Honor do Concello. Tras unha reunión de traballo privada entre ambos mandatarios, tivo lugar roda de prensa na que deron a coñecer o proxecto sobre o selo dedicado ao VII Conde de Lemos.