Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAMonforte

Noa Díaz proclámase triple campioa de España de piragüismo

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

A monfortina Noa Díaz conseguiu o pasado fin de semana proclamarse triple campioa de España de piragüismo. A padexeira do Montaña Quixós de Monfote de Lemos acadou tres medallas de ouro no Campionato de España de Descenso Sprint de Augas Bravas disputado na canle de Augas Bravas Sabero-Alejico (León). 

A canle de Augas Bravas de León foi o lugar elexido onde se acolleu, nos días 19 e 20 de xuño, unha competición na que se xuntaron 150 piragüistas de diferentes categorías -cadete, júnior, senior e veteráns- e diferentes clubes. 

A deportista monfortina impúxose na categoría cadete de K-1 e nas modalidades de sprint e clásica en C-1 e K-1, respectivamente. Desta maneira, o club Queixós de Monforte logrou, entre todas as categorías, 16 medallas no campeonato.