Skip to main content
Monforte

Monforte coloca a placa da Rede de Xuderías na oficina de turismo

Por 25 Xuño, 2021Sin comentarios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, descubriu a placa que o Concello ven de instalar na fachada da oficina municipal de turismo, placa que indica a pertenza da cidade á Red de Xuderías de España. No acto estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada.

Deste xeito, Monforte súmase ó resto de cidades da Rede de Xuderías, que procederon a instalar as súas correspondentes placas de bronce personalizadas en lugares emblemáticos das súas cidades, co obxectivo de sinalizar a súa presencia como cidades integrantes desta Asociación.

En concreto, o equipo de goberno decidiu instalar esta placa identificativa, que leva o logotipo da asociación e o nome da cidade do Cabe, nunha das rúas máis concorridas da cidade, a rúa Comercio, e concretamente á entrada da oficina municipal de turismo, co obxectivo de que os visitantes descubran e coñezan o pasado sefardí de Monforte.

Deste xeito, destaca o alcalde, “poñemos en valor a pertenza de Monforte a unha Rede, a Rede de Xuderías, que é símbolo de turismo cultural de calidade, no que o visitante pode coñecer a nosa historia xudía a través dunha experiencia inmersiva froito da labor de recuperación e promoción do legado e da cultura sefardís que levamos a cabo os concellos que pertencemos a esta Rede”.