Skip to main content
Monforte

Monforte busca avanzar cara un modelo verde e sustentable

Por 27 Xuño, 2021Sin comentarios

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá ás xornadas Pensar Monforte sobre mobilidade e rexeneración urbana organizadas no Ateneo pola plataforma Salvemos o Malecón, onde apuntou á utilidade destes encontros para debater sobre cal é o modelo de cidade que se busca, preservando sempre o consenso e os valores naturais e paisaxístico do concello. 

O obxectivo común, tal e como sinalou, debe ser o de avanzar cara un Monforte verde e sustentable, que ve no espazo público un lugar de convivencia e que asegura contornos propicios para o encontro cidadán; que garante a dotación de servizos básicos; e que camiña cara a unha mobilidade intelixente e sostible.

Neste contexto, Galicia está a apostar por hábitos de transporte máis limpos e eficientes, polo que resulta fundamental a participación cidadá para identificar os problemas das cidades e colaborar na procura de solucións salvagardando a boa convivencia. Así, a Xunta leva anos traballando para poñer en marcha iniciativas que incentiven esta mobilidade máis sustentable. Nesta liña, nas próximas semanas convocará o Plan Moves III, ao que se destinan 23M€ para favorecer a compra de vehículos eléctricos e promover a instalación de puntos de recarga.

O Goberno galego tamén espera que os fondos europeos Next Generation supoñan unha oportunidade neste eido, xa que a candidatura que presenta a Administración autonómica inclúe 32 proxectos relacionados coa mobilidade sostible, segura e conectada e que poderían chegar a mobilizar ao redor de 1800M€.