Skip to main content
Monforte

Aberto un tramo do paseo fluvial de Monforte

Por 27 Xuño, 2021Xullo 1st, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte informa que xa está aberto o tramo do paseo fluvial que, con entrada pola Rolda María Emilia Casas Baamonde (inicio circunvalación), transcorre paralelo entre a horta do Convento-Asilo de anciáns e o río Cabe, ten saída no Paseo do Malecón, xunto ó transformador.

A apertura desta senda levouse a cabo unha vez rematados os traballos de reparación da pasarela peonil de madeira de dito paseo, logo de que hai unhas semanas se detectaran certas deficiencias na súa estrutura, que impedían transitar ós viandantes con seguridade pola mesma.

Unha vez levadas a cabo os traballos de mellora na mesma, os veciños e veciñas, así como as persoas que visiten a cidade, xa poden transitar por este paseo e por esta pasarela con total seguridade e comodidade.