Skip to main content
Pantón

Pantón presenta o venres o Centro de Atención a Maiores

Por 16 Xuño, 2021Sin comentarios

A Agrupación Socialista de Pantón convida a tódalas veciñas e veciños da vila a participar na presentación do proxecto de construción do centro de atención aos maiores.  

A presentación realizarase este venres día 18, a partir das 18:00 horas, na aula da cultura do Concello (no Edificio Multiusos). Para a construción desta nova dotación asistencial a Deputación de Lugo asinou un protocolo co Concello para a construción desta residencia.

A Agrupación Socialista de Pantón sinalou que “é un proxecto de vital importancia para o futuro da vila, e que ademais da resposta á unha vella demanda da veciñanza como é a construción deste centro de maiores no noso Concello. Os nosos maiores merecen un futuro digno, e entre todos temos que loitar para que poidan vivir aquí, en Pantón, rodeados dos seus veciños e familiares”.

Por último remarcan que este acto celebrarase con tódalas medidas de seguridade que indican as autoridades por mor da covid, mascarilla, distancia de seguridade e tódolos protocolos sanitarios que marquen a propia organización nesta presentación.