Skip to main content
Pantón

Entregada unha vivenda de promoción pública en Pantón

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo entrega hoxe dunha vivenda de promoción pública situada en Ferreira de Pantón. 

A vivenda adxudícase en réxime de alugueiro e dispón dunha superficie de 85,4 metros cadrados; conta con tres dormitorios e tamén con rocho e garaxe. Forma parte dun edificio rehabilitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, no que se acondicionaron oito pisos de promoción oficial. Na actualidade, están todos ocupados.

As persoas interesadas en optar a estas adxudicacións deben incribirse no Rexistro Único de Demandantes, xestión que pode facerse de xeito telemático en calquera momento, para seren incluídos nos sorteos de vivendas no ámbito territorial demandado. Á súa vez, o rexistro permite coñecer a demanda real de vivenda protexida que existe en cada concello.