Skip to main content
A Pobra do BrollónO Incio

O PP anuncia as obras de mellora na estrada entre A Pobra e O Incio

Por 21 Xuño, 2021Sin comentarios

O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou no Parlamento galego que se ten previsto realizar unha mellora integral do firme na estrada LU-653 entre A Pobra de Brollón e o Hospital do Incio, que se engadirá ás obras de rexeneración puntual que neste momento xa está a realizar nesta estrada por un importe de 125.000 euros.

Balseiro recoñeceu que “o estado do pavimento desta estrada na actualidade non é bo, motivado principalmente polas duras condicións meteorolóxicas que padece, sobre todo no inverno, que dan lugar a fochancas, fisuras e peladuras no seu firme”. 

Actuacións concretas

Diante desta situación, o deputado popular lembrou que “se está a realizar neste mes de xuño obras de rexeneración do firme da LU-653 para a reparación de todos os tramos deteriorados, así como o arranxo do muro de acompañamento da ponte sobre o río Cabe”. 

“Pero, ademais, tense previsto acometer unha actuación de conservación extraordinaria nesta estrada, que permitirá dotala dun pavimento de mesturas asfálticas en quente”, indicou.

José Manuel Balseiro contrapuxo estas actuacións realizadas pola Xunta nas estradas da súa competencia “coa lamentable situación na que se atopan as estradas competencia da Deputación de Lugo, moito peor e que non preocupa nin ao PSdeG nin ao BNG”.