Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

Voltan as escolas deportivas municipais a Quiroga

Por 13 Xuño, 2021Sin comentarios

As escolas deportivas municipais de verán retoman o seu funcionamento en Quiroga. Os deportes que se ofertan son fútbol sala e voleibol e os adestramentos celebraranse dous días por semana polas mañás, durante todo o mes de xullo.

A actividade é gratuíta e está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 16 anos.

Para inscribirse é preciso facelo na casa da cultura antes do 30 de xuño. Así mesmo, dende a organización recordan que se levarán a cabo todas as medidas anticovid -máscaras, xeles hidroalcohólicos e toma de temperatura-.