Skip to main content
Quiroga

Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán en Quiroga

Por 16 Xuño, 2021Sin comentarios

Quiroga abre o prazo de preinscricións para os campamentos de verán ata o vindeiro venres 28 de xuño. Para iso, os interesados deberán facelo na casa da cultura do Concello.

Os campamentos levaranse a cabo entre o 1 de xullo e o 31 de agosto e realizaranse diferentes actividades coma xogos, deportes, obradoiros de manualidades e repaso escolar, entre outras. Así mesmo, nos campamentos primará a ensinanza de valores educativos, así coma de hábitos saudables para que os nenos e nenas aprendan nun ambiente educativo e ameno.

Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas nados entre o 2009 e o 2017 e o horario no que se realizarán será de 11.00 a 14.00 horas.