Skip to main content
Ribas de Sil

Continúa o acondicionamento de vías municipais en Ribas de Sil

Por 14 Xuño, 2021Sin comentarios

Destináronse 90.000 euros ao acondicionamento de vías de titularidade municipal en Ribas de Sil. 

A través do Plan Marco 20-21 e do último Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) arraxáronse dúas pistas que suman máis de tres quilómetros de lonxitude e 61.600 euros de investimento. Ademais, o Plan Marco 21-22 achega outros 28.400 euros para continuar coas melloras.

No que respecta ás obras rematadas nos últimos meses, supuxeron o arranxo de máis de dous quilómetros na vía que atravesa o val de viñedos contiguo a San Clodio ata chegar preto do núcleo de San Pedro, así como dun ramal que pecha unha superficie dunhas tres hectáreas.

Procedeuse á limpeza e reapertura de paseos e cunetas, bacheos puntuais, preparación da plataforma e cobertura de distintos tipos, triple e dobre rega asfáltica ou zahorra compactada, segundo os tramos.

Igualmente, a través do PIR a Consellería arranxou o camiño que parte do núcleo da Cova, atravesa Rebosía e remata en Vilardomato. Ademais de reparar o firme nos 1,3 quilómetros de vía, mellorouse o trazado ampliando o radio da curva existente no punto quilométrico 0,07; tamén se acondicionou unha intersección con outro camiño municipal e executáronse obras para evitar escorrentías de auga de chuvia que poidan enlodar a calzada.