Skip to main content
Sober

A XLI Feira do viño de Amandi contará coa presenza de 24 bodegas

Por 26 Xuño, 2021Xuño 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober mantivo recentemente unha xuntanza con representantes das adegas do Concello inscritas na DO Ribeira Sacra para perfilar detalles de cara a unha nova edición da Feira Mostra do Viño de Amandi que este ano se celebrará os días 11 e 12 de agosto coincidindo coa Feira da Rosca.

O formato será aberto ao público, pero con control de acceso. Haberá venda anticipada de entradas e 5 franxas horarias en cada xornada coa asistencia dun máximo de 150 persoas en cada franxa.  Poranse á venta tickets que serán canxeables nos stands por degustación de viños. 

Están ultimándose os detalles da celebración que oficialmente será presentada ao público xunto co cartel anunciador obra do vilalbés Eduardo Pérez Bahamonde a mediados do mes xullo. Ese día dará comenzo o Mes do Amandi, que contará con diversas actividades que terán ao viño de Amandi como protagonista.

Como en edicións anteriores, haberá cata oficial con premios aos tres mellores tintos da colleita de 2020, un premio para brancos 2020 e un premio para tintos de añadas anteriores a 2019.

Nos próximos días irán adiantándose novos detalles desta edición especial que por primeira vez se celebrará en agosto.