Skip to main content
Taboada

O BNG de Taboada denuncia a falta de calidade da auga

Por 17 Xuño, 2021Sin comentarios

Taboada sufriu de novo, por mor das choivas, unha falta de calidade e de salubridade da auga da traída a causa da súa turbidez.

Dende o BNG de Taboada denuncian “a falta de iniciativa da Alcaldía para dalle unha solución definitiva á calidade da auga da traída”.  Así pois denuncian que dende as últimas obras financiadas pola Xunta, que consideraban insuficientes, non se acometeron melloras na estación potabilizadora.

Como solución, dende o BNG, defenden o feito de conquerir novas captacións que melloren a calidade da auga xa dende o principio “dando a veciñanza e aos negocios a auga que merecen e pola que pagan”. Ademais, reclaman á Xunta para que interveña nunha solución definitiva e que “os próximos recibos recollan descontos polas deficiencias do subministro”.