Skip to main content
Sarria

Sarria organiza unha exposición e diferentes obradoiros neste mes de xuño

Por 20 Xuño, 2021Xuño 21st, 2021Sin comentarios

Sarria acollerá nos días 25, 26 e 27 de xuño diferentes actividades culturais. O venres 25 realizarase un obradoiro de barro; o 26 haberá unha variedade de obradoiros para nenos e nenas e, finalmente, o día 27 levarase a cabo unha cocción de rakú -unha técnica de cocción que se fai no forno-.

O horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Ademais, realizarase unha mostra de bonsai e de cerámica organizada pola Asociación El Serbal.

Poderase disfrutar desta maneira dunha xornada lúdica e amena na que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias do momento de realización. Así mesmo, o aforo completarase por estrito orde de chegada ata completar a capacidade permitida. Dende o Concello de Sarria tamén recordan que a programación pode variar debido a imprevistos.