Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

A Sarriana segue con vida despois da vitoria ante o Boiro

Por 21 Xuño, 2021Xuño 22nd, 2021Sin comentarios

A Sarriana mantense con vida despois de gañar no día de onte 2-1 contra o Boiro no estadio municipal da Ribela. O equipo saíu con gañas e demostrando que hai que loitar ata o final e non baixar os brazos ata que o árbitro pite o final do encontro. A Sarriana dominaba o balón sen embargo, o Boiro foi quen estreou o marcador no minuto 15 tras unha falta lateral. A segunda parte foi outro cantar xa que o equipo sarriao empatou o partido aos 5 minutos de comezar despois dun penalti realizado por Blanco, que foi expulsado.

A expulsión de Keko no minuto 63 deixaba á Sarriana tamén con dez, algo que non lle impediu anotar o gol definitivo nunha xogada do minuto 89, conseguindo desta maneira tres puntos que lle permiten seguir na loita polo ascenso na última xornada.

Con esta vitoria ante o Boiro, o Noia conseguiu o ascenso a Terceira división tras gañar ao Montañeros en Coruña e conseguir 12 puntos. A Sarriana queda terceira, empatada a 7 puntos co Boiro e co Sofán que se xogarán o ansiado ascenso na última xornada da fase. O equipo de Sarria, que estreaba como dirixente a Jaime Paz, terá que vencer o vindeiro domingo ao xa ascendido Noia na súa casa para conseguir o ansiado ascenso a Terceira división.