Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Unha vitoria sen premio

Por 28 Xuño, 2021Xuño 30th, 2021Sin comentarios

A Sarriana gañou no día de onte ao xa ascendido Noia (2-1) con goles de Diego Rey no minuto 47 e Diego Núñez ao pouco de rematar o encontro. A pesar da vitoria do equipo sarriao, a diferencia de goles é a causante de que, finalmente, ascenda o Sofán á 3ª RFEF xunto co ascendido a pasada xornada, o Noia.

O partido foi disputado no estadio Julio Mato, en Noia e comezou de cara para o equipo local cando, no minuto 30, se adiantaron no marcador cun gol de Fernando González. O acerto de cara a portería conseguiu que a Sarriana lograra marcar dous goles suficientes para gañar o partido pero insuficientes para lograr o ansiado ascenso.

Desta maneira, Sarriana e Sofán quedan empatados a 10 puntos, sen embargo, a diferencia de goles fai que o equipo da Coruña consiga o obxectivo de subir de categoría despois de dúas vitorias, un empate e unha derrota no play off de ascenso. Con estes dous ascensos remata unha tempada atípica na que se puido disfrutar novamente do fútbol con seguridade.