Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Os adestramentos de baloncesto chegan a Sarria no verán

Por 30 Xuño, 2021Xullo 1st, 2021Sin comentarios

O Club Baloncesto Sarria organiza adestramentos lúdicos e educativos para as distintas categorías da base do clube, así como para todos aqueles nenos e nenas que queiran probar o deporte e que aínda non formen parte do equipo.

Os grupos formaranse con nenos e nenas nados entre o 2003 e o 2016 -ambos inclusive-. Así pois, os adestramentos realizaranse tres días por semana durante un mes -dende o 5 de xullo ata o 5 de agosto-. Os días nos que se levarán a cabo os adestramentos serán os luns, os martes e os xoves en horario de mañá.

O prazo de inscrición acaba no día de hoxe, sen embargo, intentarase manter aberto na medida das posibilidades.

Así mesmo, dende o CB Sarria informan que se cobrará unha cota de 18 euros por cada neno e nena e será obrigatorio o rexistro a través dunha aplicación.

Por outro lado, dende o sábado 17 ao domingo 25 de xullo celébrase o Campus Baloncesto no Camiño, polo que se suspenderán os adestramentos programados. Ademais, se algún dos nenos ou nenas inscritos se vai de vacacións, poderá asistir aos adestramentos as semanas que permaneza na vila de Sarria.

Para calquera dúbida ou para máis información pódese consultar no enderezo electrónico cbsarria@cbsarria.com ou nos teléfonos 650191777 (Adrián) e 670732297 (Xabi).