Skip to main content
O Incio

O Incio recorda que o prazo para os campamentos segue aberto

Por 29 Xuño, 2021Xuño 30th, 2021Sin comentarios

O Concello do Incio recorda aos veciños e veciñas que continúa aberta a inscrición para participar no campamento urbano de verán no que se levarán a cabo actividades e deportes para unhas xornadas lúdicas e educativas nas que prime a diversión con valores e educación.

As actividades de ocio e tempo libre, coordinadas por monitores especializados, desenvolveranse na Cruz do Incio durante os meses de xullo e agosto de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden obter máis información ou inscribirse de forma gratuíta nas oficinas do Concello ou a través do teléfono 982 42 70 14.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan de Conciliación do Concello do Incio do que forman parte tamén o servizo madrugadores e as actividades extraescolares durante o curso e conta coa financiación da Secretaría Xeral de Igualdade e a Unión Europea.