Skip to main content
Láncara

Continúan as actuacións da campaña Poñamos de moda a igualdade en Láncara

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e a Concelleira de Muller e Igualdade, Begoña López, fixeron entrega aos alumnos e alumnas do CPI Ramón Piñeiro dunhas mochilas e sudaderas que forman parte da campaña Poñamos de moda a Igualdade, levada a cabo polo Concello de Láncara.

Esta acción de sensibilización, que ten como destinatario directo o alumnado, é o colofón doutras actuacións que se promoveron dende o Concello para a prevención da violencia de xénero: obradoiros de educación emocional, teatro das emocións nas primeiras etapas educativas e teatro foro na ESO.

Dende o Concello defenden que aínda que son conscientes de que queda moito por facer, intentan que este tipo de accións, dirixidas á educación nas idades máis temperás, contribúan á educación en igualdade.