Skip to main content
Láncara

Segue sen recomendarse o baño na área recreativa da Pobra de San Xiao

Por 25 Xuño, 2021Sin comentarios

Dende sanidade non recomendan, novamente, o baño na área recreativa da Pobra de San Xiao ata novo aviso. O Concello fará unha toma de mostras o luns en varias zonas do curso do río para comprobar como avanza a situación e se a calidade da auga aumenta ou continúa como está na actualidade.

Así mesmo, o alcalde de Láncara mantivo hoxe unha reunión co presidente da Confederación Hidrográfica para abordar este problema e tratar de solventalo dalgunha maneira xa que é unha situación que se repite. Polo seu lado, a Confederación realizou a semana pasada unha inspección polo curso do río e a próxima semana volverá a facelo e tomará novas mostras noutras zonas.

Ademais, o alcalde tamén lle trasladou diversas necesidades que ten o Concello e a petición de financiamento para levalas a cabo.