Skip to main content
Samos

Samos aprobou tres modificacións de crédito por 20.000 euros

Por 6 Xuño, 2021Xuño 7th, 2021Sin comentarios

O pleno de Samos aprobou modificacións de crédito dun total de máis de 20.000 euros.

As modificacións de crédito serán tres: a redacción de proxectos de obras, actuacións previas á renovación do alumeado e a apertura da piscina municipal. Nesta última, a intención é abrila en verán sempre e cando as limitacións e as normas sanitarias o permitan. Así pois, empregarase ese diñeiro para gastos de funcionamento e de persoal.