Skip to main content
Samos

Samos remata as obras nos accesos a explotacións agrícolas

Por 6 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos ven de rematar as obras correspondentes ó proxecto de mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrícolas, encadrado dentro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Este plan ten por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan para mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.

A Consellería do Medio Rural, a través de AGADER, concedeu unha subvención para a execución das obras de 34.616,00€.

A empresa adxudicataria Jesús y Páramo, S.L., levou a cabo as actuacións recollidas no proxecto, actuando nas vías de comunicación con acceso a fincas agrarias dos viales do Empalme a Vilachá de abaixo e de Gontán a Gorolfe.