Skip to main content
Sarria

A SD Sarriana continúa co seu soño tras o empate contra o Sofán

Por 14 Xuño, 2021Xuño 15th, 2021Sin comentarios

A SD Sarriana suma un punto tras empatar contra o Sofán no estadio da Ribela en Sarria. Despois de caer derrotados o pasado fin de semana contra o Atlético Montañeros de Coruña, o equipo sarriao non conseguiu quedarse cos tres puntos despois dun encontro que rematou sen goles. O Sofán, polo seu lado, tamén viña de perder na súa casa contra o CF Noia, actual clasificado despois de lograr outra victoria ante o Club Lemos por 4 goles a 0.

Desta forma, a Sarriana queda na cuarta posición da clasificación. O vindeiro fin de semana, o equipo de Sarria disputará o encontro no estadio da Ribela contra o SD Boiro.

 

Polo seu lado, o equipo xuvenil da SD Sarriana caeu derrotado por 3-1 contra o SD Ribadeo na final xuvenil de promoción de ascenso que tivo lugar o pasado sábado 12 de xuño no estadio municipal Arturo Pereiro de Castro. Desta forma, o equipo de Ribadeo conseguiu unha praza na liga galega, así coma ser campión provincial nesta tempada tan atípica.