Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria denuncia a falta de planificación no rural do municipio

Por 14 Xuño, 2021Sin comentarios

O PP denuncia a “lamentable falta de planificación no rural de Sarria”. Así pois, dende o partido popular sinalan que “executado o Plan Único da Deputación de Lugo 2020 e gastados os 150.000 euros, quedan unhas pistas bacheadas por tramos, con arbitrariedade e discriminación entre veciños e veciñas dos mesmos núcleos e das mesmas parroquias, con fochancas e sen cunetas, un despropósito cara ao rural de Sarria”.

Ademais, explican os problemas das diferentes pistas “na pista da Lousadela fíxose rebacheado diante dalgunhas casas e sen tocar diante de outras, con fochancas na metade da pista. Na pista de Ortoá hai fochancas no tramo alto, cara ao parque eólico e impracticable o tramo cara a Goián. Por outro lado, na pista de Maside queda metade da parroquia sen bachear, discriminando aos veciños de abaixo. Na pista de Mundin están sen tocar os accesos en Lier, na pista de Guitián parouse o arranxo no medio, quedando o núcleo sen tocar, nin a conexión a Carrasquedo, nin a San Pedro. Finalmente, a pista de San Mamede na que o núcleo quedou sen tocar e arranxado a tramos”.