Skip to main content
Sarria

As piscinas municipais de Sarria reabren as súas portas

Por 16 Xuño, 2021Xuño 17th, 2021Sin comentarios

A partir do día 20 de xuño ábrense as piscinas municipais de Sarria ata o 7 de setembro de 2021. Os horarios serán, nos meses de xuño, xullo e agosto, de 12:00 a 21:00 horas, mentres que en setembro será de 12:00 a 19:00 horas.

En canto aos prezos, a entrada para un día para maiores de 18 anos será de 1,85 euros e se eres menor de 18 anos o prezo estará en 0,85 céntimos. Por outra beira, o concello tamén pon a disposición dos usuarios un abono de tempada que pode ser familiar (polo que se pagarán 35,45 euros) ou individual (que terá un custo de 26,60 euros).

Para darse de alta, os interesados deberán cubrir un modelo de solicitude, realizar o pago mediante transferencia bancaria ou ingreso en efectivo e, finalmente, acudir co xustificante de pago, o modelo de solicitude cuberto, fotos de carnet dos novos usuarios, DNI e libro de familia (no caso de abono familiar).

No caso das renovacións, os usuarios deberán cubrir un modelo de solicitude, realizar o pago mediante transferencia bancaria ou ingreso efectivo e enviar o modelo de solicitude cuberto e o xustificante de pago a través da Sede Electrónica. Unha vez comprobada a documentación, enviarase un correo de confirmación; tras o que poderán dirixirse as pías municipais cos carnets de anos anteriores.