Skip to main content
Sarria

The Soul Jacket como primeiro grupo confirmado da III edición da Verbena

Por 19 Xuño, 2021Sin comentarios

O sábado 7 de agosto chega a Sarria a III edición da Verbena. O festival achegará a cinco bandas nacionais das que só se confirmou unha: The Soul Jacket, un grupo formado en Pontevedra no 2004 para tocar e disfrutar de cancións de Rock & Roll americano e británico de principios dos 70.

O festival contará con todas as medidas de seguridade necesarias, así coma limitacións de aforo. As entradas estarán á venda a vindeira semana.