Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Últimos días para inscribirse no campus Hermanos Diz

Por 22 Xuño, 2021Xuño 24th, 2021Sin comentarios

Dende o Campus de fútbol sala Hermanos Diz recordan que xa quedan poucos días para que se remate o prazo para inscribirse. Por esta razón, animan a todos os nenos e nenas que o desexen a anotarse nun evento lúdico, ameno e de aprendizaxe no que se realizarán diferentes actividades e deportes ademais do principal, o fútbol sala.

O campus realizarase do 4 ao 10 de xullo en Sarria e está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos. As instalacións nas que se vai levar a cabo son: no pavillón do Chanto, no pavillón provincial de Sarria, na piscina, no campo de fútbol, na pista de pádel, nas pistas de tenis e nas pistas de baloncesto; onde os nenos e nenas poderán disfrutar das diferentes actividades que se teñen preparadas.

Dende a organización tamén informaron que este ano tamén visitarán o campus xogadores e xogadoras profesionais de primeiro nivel. Actualmente xa se confirmaron tres: Adrián Pirata, xogador do Noia Portus Apostoli FS que conseguiu ser un dos xogadores máis importantes do equipo nesta campaña; David Pazos, xogador do Burela Pescados Rubén FS que militou tamén en equipos coma o Lobelle de Santiago, o Inter Movistar ou o Palma Futsal e, por último, Adri, un dos mellores xogadores de fútbol sala a nivel mundial, que xoga no Parrulo Ferrol e na selección española.