Skip to main content
Sarria

O PSOE denuncia o mal estado do muíño do Toleiro

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

A Agrupación Socialista de Sarria insta á Xunta a que reforme o muíño do Toleiro, situado no centro de Sarria e cun estado de deterioro importante. Así pois, dende o PSOE defenden que nos 668.000 euros do Plan Nacional Turístico Xacobeo do goberno central incluíronse as obras de rehabilitación do inmoble.

O PSOE sinala que o goberno de Feijóo foi o que paralizou a obra no ano 2009 pero que agora xa se dispoñen de fondos suficientes para levar a cabo a reforma. Ademais consideran que dito muíño é unha forma de potenciar o Camiño de Santiago e a vila de Sarria. Dende que a Xunta adquiriu este edificio fai 14 anos, non se levou a cabo ningunha reforma e, de feito, fai uns meses o tellado derrubouse deixando danos importantes.

Para concluír, os socialistas denuncian o mal estado no que se encontra a infraestrutura e recordan o proxecto que existía de Santiago Catalán.