Skip to main content
Sarria

Comeza o San Xoán de Sarria co desfile dos cabezudos

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

Hoxe da comezo o San Xoán de Sarria 2021 a partir das 19.30 horas. Así pois, realizarase un pasarrúas a cargo de Tumbuka acompañado polo desfile dos Cabezudos.

A xornada pecharase coa actuación musical de Por mi Swing, ás 21.30 horas na praza da vila.

Dende o concello animan a todos os veciños e veciñas a participar neste día e a cumprir coas medidas sanitarias correspondentes. Así mesmo, hai que lembrar que é o primeiro día dunha xornada de festas que se amplía ata o vindeiro domingo día 27 de xuño.