Skip to main content
Sarria

Sarria pon punto e final ás festas de San Xoán

Por 27 Xuño, 2021Xuño 29th, 2021Sin comentarios

Comeza o último día das festas de San Xoán en Sarria. A vila despedirá os festexos cunha serie de actividades e actuacións musicais nas que primará a responsabilidade individual e a diversión.

A xornada comezará ás 12 horas cunha sesión vermú a cargo do grupo Louband na praza da Constitución. Este mesmo grupo, voltará animar os festexos ás 13 horas cunha actuación musical no campo da feira, algo que fará tamén a esa mesma hora, Lioness Treasure, no xardín capela de San Lázaro -rúa Xela Arias-.

Xa ás 14 horas, Mustélidos poñerá o ritmo na cuarta sesión vermú do día, desta vez, na rúa Ramón Cabanillas.

Pola tarde, as actuacións voltarán ás 17 horas cun pasarrúas a cargo do grupo Louband, que virá seguido doutro de Peleriños xunto co desfile das Pampónigas ás 19.15 horas. Os festexos rematarán cun concerto de Eloi Caldeiro ás 21.30 na praza da vila.