Skip to main content
Axenda Caducada

Exposición fotográfica en Sarria ata o 29 de xuño

Por 1 Xuño, 2021Xuño 29th, 2021Sin comentarios

A oficina de turismo de Sarria, sita na antiga prisión preventiva, acollerá do día 1 ao 29 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas, a exposición fotográfica Los valores del Camino en 12 meses, organizada pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, baixo a presidencia do Concello de Sarria e cedida por Correos.

A mostra inclúe 12 fotografías, as cales reflexan os principais valores da Ruta Xacobea que os peregrinos destacan da súa experiencia no camiño de Santiago: forza, espiritualidade, integración, cultura, diversidade, solidaridade, amizade, sensibilidade, sustentabilidade, hospitalidade, esperanza e paz.

Para visitar a exposición en outros horarios hai que concertar visita nos teléfonos 982 535 000 e 982 530 668.